Publicada a nova cobertura PNOA2020 para Galicia

Froito do convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Instituto Geográfico Nacional, realizáronse os traballos necesarios para o tratamento e posterior edición das ortofotos obtidas dentro do Plan Nacional de Ortografía Aérea 2020.

Esta nova cobertura de ortofotos conta cunha resolución de 15 centímetros, o que fai destas imaxes as de meirande resolución espacial obtidas ata o de agora para a totalidade de Galicia.

Pódese consultar o mosaico xerado a partires dos distintos visores da Xunta de Galicia, como:

Resultan, ademais, descargables os máis de 4.000 ficheiros dos que se compón esta cobertura desde o visor de descargas.